Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas.
Socio de Catro Ventos Editora S. Coop. Galega. sen ánimo de lucro.
Responsable da área de comunicación e márketing (deseño, comercialización, distribución e comunicación).
Experto en deseño e comunicación, desde as orixes no eido da publicidade comercial até os cargos e postos actuais de accións de márketing no eido editorial.
Experiencia profesional de máis de 20 anos no ámbito da publicidade e das relacións públicas en distintos cargos vencellados ao deseño e a comunicación (deseño gráfico, deseño de campañas, elaboración de estratexias de comunicación e formacións na planificación e ferramentas on e offline para executalas, etc.).
Formador en márketing.
Participa a través da editora da rede de economía social e solidaria galega con entidades como a Unión de Cooperativas Espazocoop ou REAS Galicia.